NOVIDADES IMPORTANTES NO PROTOCOLO DE ACTUALIZACION DETECCION E MANEXO DE CASOS COVID EN ATENCION PRIMARIA E NA ABORDAXE DOS CASOS ESTREITOS

Resumidamente, estas son as novidades na detección e manexo de casos de infección activa polo virus SARS- CoV-2 en Atención Primaria e na abordaxe dos contactos estreitos.

-Lémbrase o novo número de teléfono de información sobre o coronavirus 881 540 045 – o número anterior 900 400 116 desactivouse-.

-Ao entrar a pandemia nunha fase de mitigación:

1) EFECTUARÁSE PCR UNICAMENTE A SINTOMATICOS. AOS CONTACTOS ESTREITOS SÓ REALIZÁSESELLES UNHA PCR o 5º día do contacto.

2)DEIXARÁNSE DE FACER PCR sen cita , pasando a facerse test de antígenos ( nasofaríngeos ou en saliva) CON AUTOCITA a través da aplicación SERGAS mobil e pagina web do SERGAS , é dicir, mañá mércores 29/12/2021 pola mañá é o ultimo quenda de PCR sen cita no Hospital Provincial de Pontevedra .

En canto ás chamadas aos positivos, contáctaos a Central de Seguemento de Contactos, realízalles unha enquisa epidemiolóxica, pídelles a listaxe de contactos e xestiónalles unha cita telefónica co Medico de Atencion Primaria. Só farase unha chamada o primeiro día para as Incapacidades Temporais e unha valoración clínica e unha segunda e ULTIMA chamada o día 10º, tras a toma da mostra, para dar a alta e levantar o illamento. DÉIXASE DE FACER SEGUIMENTO DIARIO (CHAMADA) DURANTE O PERÍODO DE ILLAMENTO.

ABORDAXE DOS CONTACTOS ESTREITOS: Poden ser cuarentenados ou estar EXENTOS de corentena

1.- CONTACTOS ESTREITOS CUARENTENADOS:

A CENTRAL DE SEGUEMENTO DE CONTACTOS SOLICITA SÓ UNHA PCR durante o período de corentena A PARTIR do 5º dia desde o ultimo contacto cun caso confirmado.
DÉIXASE DE FACER SEGUIMENTO DIARIO DOS CONTACTOS ESTREITOS EN CORENTENA, SÓ CHAMÁSESELLES 2 VECES: o primeiro día, para comunicarlle o inicio da corentena e o día 10º para informarlle da finalización da mesma. Ademais enviáseselles un SMS con instrucións sobre as medidas de illamento e información sobre a solicitude da PCR que a HARA a CSC.
Se un contacto estreito PRESENTA SINTOMAS DURANTE A CORENTENA:
Chamase ao 881 540 045 ou ben Solicitará cita telefónica co MAP en xornada ordinaria ou co PAC fose desa xornada.

2.-CONTACTOS ESTREITOS EXENTOS DE CORENTENA:
Os contactos estreitos completamente vacinados na data do último contacto co caso confirmado, estarán exentas de realizar corentena, agás:
◦ persoas inmunodeprimidas.
◦ persoas nas que saúde pública confirme que a infección do caso do que se é contacto estreito se
debe a unha variante do SARS-CoV-2 Beta ou Gamma, ou se adquiriu dun visón.
2. As persoas asintomáticas que tiveron unha infección por SARS-CoV-2 confirmada nos 180 días anteriores e son contactos estreitos, estarán tamén exentas de realizar a corentena, tendo en conta as mesmas excepcións descritas para as persoas completamente vacinadas no punto anterior.

3. As persoas que traballan en centros sanitarios, estarán exentas da corentena se están vacinadas e no seu centro de traballo utilizan os equipos de protección individual (EPI) adecuados.

Un saúdo.

Dirección Asistencial
Área Sanitaria de Pontevedra – O Salnés (28/12/2021)